Total visitas a la página

viernes, 1 de junio de 2007

Pedra da serpe no cemiterio de Rial




No cemiterio de Rial(no vello), hai un cruceiro cuia base semella(ou é) unha pedra da serpe.

É normal que as pedras da serpe(rito pagán) para cristianizálas a Igrexa lles puxeran unha cruz encima, pero o que xa non é tan normal é que éstas estén nun cemiterio. Pedra reutilizada?. Pode ser.

Tamén chaman a atención unhas marcas nun lateral da base. Non son marcas de canteiro. Máis ben semellan marcas de ritual pagán .


Para os nosos antergos(prerromanos) a serpe tiña un significado de sabiduría, guardián da sabiduría, hastra unha relación co deus Cernunos...

Ou sexa un significado en positivo.


Para o cristianismo ten un significado de demonio, pecado... etc..

Ou sexa un significado en negativo.


Por eso non me cuadra que se atope nun cemiterio. As Pedras da serpe coñecidas atópanse normalmente en cruces de camiños, montes, etc.



Cruceiro do cemiterio de Rial

Cabeza da serpe

Fuste con aristas achaflanadas con unhas curiosas tallas en forma humán na parte central, capitel composto por querubíns, cruz sencilla con brazos recto, un máis largo para ganar altura.

Relacionado cás pedras da serpe é moi coñecida a

Pedra da serpe de Gundamil(Corme)



A lenda da pedra da serpe de Gundamil(Corme) é, resumida, ésta:
Andaba San Hadrián predicando por éstos paraxes e habendo unha praga de serpes(A realidade é que a Península Ibérica estibo pragada, moito antes de San Hadrián, de serpes, de ahí o nome de Saefes, Ophiúsa, etc.) o santo pegou un zapatazo na terra e as serpes fuxiron para debaixo da pedra da serpe e morreron.
Unha adaptación máis dos ritos pagás ó santoral cristiá

2 comentarios:

patiño dijo...

Anónimo dixo:
I just added this weblog to my google reader, excellent stuff. Cannot get enough! Acabo de añadir este blog a mi Google Reader, excelente material. No puedo tener suficiente!

patiño dijo...

8 comentariosCerrar esta ventanaIr al formulario de comentarios
grobiocelta dijo...
Hola Patiño.
As primeiras igrexas catolicas,cruceiros e demais monumentos, foron creados por encargo da igrexa a artesans que naqueles primeiros tempos do cristianismo,na nosa terra,eran pagans,eles al estar prohibida a sua relixión e ser obrigados a ir as igrexas, aprobeitaban estos encargos para deixar testimonio da sua relixión neses monumentos,así adorarian a os seus deuses sin causar sospeita.

SAUDOS

7 de diciembre de 2008 20:08


patiño dijo...
Sí, grobiocelta, a igrexa cristianizou os ritos pagáns construíndo igrexas e cruceiros onde había cultos pagáns, mesmo elevou a santos a dioses pagáns que non existiron en realidade na cristiandá.
Pero a min o que me choca é que é a primeira vez que vexo nun cemiterio un cruceiro sobor unha pedra da serpe.
Saúdos

7 de diciembre de 2008 20:17


grobiocelta dijo...
Hola de novo Patiño.

¿sabese si a pedra da serpe e do mesmo tempo ca o cruceiro?. Si fose así, o mestre canteiro podria ser pagan e al construir o cruceiro esculpir a serpe (un dos simbolos da Deusa Nai) vaixo o cruceiro, simbolizando,si cadra, a victoria da cruz(cristianismo)sobre a antiga relixión, esto non crearia sospeitas do clero,e así os pagans al rendir respeto a o cruceiro estarian facendo en realidade a sua Deusa Nai.
Si a pedra da Serpe fora mais antiga,o mestre poido utilizala co mesmo fin. ou en realidade a igrexa ordeou poñerlle un cruceiro enrriba como testimonio da victoria do cristianismo sobre as creenzas nativas galegas.
¿Porque foi colocada no cimiterio?
todolos cimiterios en Galicia ou case todos teñen un cruceiro.
Bueno esto non son mais que especulacions dun pagan creente e practicante.

SAUDOS

8 de diciembre de 2008 14:47


patiño dijo...
Non son un experto nesto, pero a min dame que a pedra da serpe é máis antiga ca o cruceiro.
Coido que por eiquí pasaban camiños(un cruce) e había a pedra da serpe, logo fixeron o cemiterio e cristianizaron a pedra.
Saúdos

8 de diciembre de 2008 15:16


grobiocelta dijo...
Bueno, eu tampouco son ningún experto, pero entre os dous, parece que lle vamos dando sentido a o conto, ¿non che parece?.
Parece ser que as pedras das serpes, foron feitas para poñer nos cruces dos camiños donde os pagans tiñan a costume de facer ofrendas principalmente de alimentos,ou lugares especiais donde facian rituais dalgún tipo,estes lugares normalmente se situaban no alto de algún outeiro.
Bueno espero non haberche dado moito a vara con este tema,alegrome moito de haber falado contigo,e felicitote polo traballo que fas.
UNHA PERTA.

9 de diciembre de 2008 21:06


patiño dijo...
Sí, en efecto. Eso teño entendido.
Non me das a vara, ó contrario, é un placer.
Grazas.
Sqaúdos

12 de diciembre de 2008 16:42


Anónimo dijo...
Hola otra vez patiño,yo no se si la sierpe es mas antigua que el cruceiro pero aun asi el conjunto representa perfectamente la dualidad entre la tierra (osea lo basico) y lo que representa la cruz (lo idealizado: el epiritu)ya sea a traves de la evolucion de las culturas o de la vida en si de uno desde que nace hasta que nos deja, de todas formas me gusta esa representacion en conjunto. un saludo de montero_45@hotmail.com y feliz año a todos

4 de enero de 2009 22:35


patiño dijo...
Non sei, con certeza, si a base é máis antiga có cruceiro, pero a min paréceme que sí, que foi aproveitada para chantarlle o cruceiro enriba.
Saúdos.

5 de enero de 2009 18:49