Total visitas a la página

viernes, 1 de junio de 2007

Pedra da serpe no cemiterio de Rial




No cemiterio de Rial(no vello), hai un cruceiro cuia base semella(ou é) unha pedra da serpe.

É normal que as pedras da serpe(rito pagán) para cristianizálas a Igrexa lles puxeran unha cruz encima, pero o que xa non é tan normal é que éstas estén nun cemiterio. Pedra reutilizada?. Pode ser.

Tamén chaman a atención unhas marcas nun lateral da base. Non son marcas de canteiro. Máis ben semellan marcas de ritual pagán .


Para os nosos antergos(prerromanos) a serpe tiña un significado de sabiduría, guardián da sabiduría, hastra unha relación co deus Cernunos...

Ou sexa un significado en positivo.


Para o cristianismo ten un significado de demonio, pecado... etc..

Ou sexa un significado en negativo.


Por eso non me cuadra que se atope nun cemiterio. As Pedras da serpe coñecidas atópanse normalmente en cruces de camiños, montes, etc.



Cruceiro do cemiterio de Rial

Cabeza da serpe

Fuste con aristas achaflanadas con unhas curiosas tallas en forma humán na parte central, capitel composto por querubíns, cruz sencilla con brazos recto, un máis largo para ganar altura.

Relacionado cás pedras da serpe é moi coñecida a

Pedra da serpe de Gundamil(Corme)



A lenda da pedra da serpe de Gundamil(Corme) é, resumida, ésta:
Andaba San Hadrián predicando por éstos paraxes e habendo unha praga de serpes(A realidade é que a Península Ibérica estibo pragada, moito antes de San Hadrián, de serpes, de ahí o nome de Saefes, Ophiúsa, etc.) o santo pegou un zapatazo na terra e as serpes fuxiron para debaixo da pedra da serpe e morreron.
Unha adaptación máis dos ritos pagás ó santoral cristiá